Tregua comezou a súa carreira en A Coruña en 2009 coa gravación dunha demo titulada “Nunca é tarde”, publicada en marzo do mesmo ano, un disco de rock con letras ben coidadas e talento compositivo que tamén deixa espazo a balada, incluíndo unha versión da canción de Rosendo “Para cuando desatino”.A banda desenvolve unha xira nacional de 64 concertos compartindo cartel e escenario con artistas como Rosendo, Sôber, La Fuga, Los Suaves, Barricada, Medina Azahara, Reincidentes, Rulo y la Contrabanda, Barón Rojo o Revólver.En outubro de 2010 anuncian a gravación do seu primeiro álbum “Luces e Sombras” (2011), producido por Carlos Escobedo (Sôber), gravado nos estudios Cube (Madrid), mezclado e masterizado por Alberto Seara. Este álbum inclúe as colaboracións vocais do propio Carlos Escobedo e de Pedro de La Fuga.Tregua e a lexendaria banda de Carlos Goñi, Revólver, únense en forma de canción, ambas bandas entran en estudo baixo a atenta mirada do prestixioso productor herculino Juan de Dios Martín para adaptar o single “Revolución”, single que tivo unha grande acollida entre o público.En “Tregua” (2017), Fernando Montesinos e Bori Alarcón son os responsables da produción e masterización, un segunnndo disco cuxa gravación ocorreu nos estudos Noisy Gate (Madrid) e conta coa colaboración vocal de Rulo (Rulo y La Contrabanda). “Tregua” publícase a comezos de 2017 da man da discográfica Rock Estatal Records.
Contratación
LA AGENCIA MUSICJorge (+34) 943 340 061 contratacion@laagenciamusic.es