
Paco Cerdeira, ou Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, é músico e compositor, e defínese como roqueiro e guitarreiro, creando música para todos os públicos.Paco Cerdeira leva dedicándose ao público infantil dende xa hai máis de 16 anos, cunha longa traxectoria neste eido profesional. Comezou os seus pasos como membro de Mamá Cabra, e tras case dez anos formando parte desta formación, en 2014 decide formar unha banda de música infantil, e nace así A Gramola Gominola, que conta xa con tres libro-discos editados por Sonárbore (Ed Galaxia), “A Gramola Gominola” (2015), “Cancións para desafinar” (2017) e “Bravas. O rexurdir da luz” (2019).En 2015 comeza a artellar o seu proxecto máis persoal e nace así a proposta de Pakolas na que segue a traballar para os cativos con letras e composicións propias. O seu primeiro traballo en solitario sae á luz en novembro de 2017, un libro-disco editado pola Editorial Galaxia na súa colección Sonárbore, co seu nome “Pakolas”. En 2020, e na mesma colección sae editado o seu segundo libro-disco “Ramona Órbita, a Dona do Tempo”. En abril de 2023 sae ao mercado o seu último traballo musical “A Ramona Pequena vai á Lúa” (Ed Galaxia). En 2025 lanza “Ecoralia, a lambona ecolóxica” promovido polo CRAEGA.Os espectáculos de Pakolas levan xirando por toda Galicia desde abril de 2017, cunha formidable acollida de público. En 2023 gaña o XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e foi finalista nos 10º Premios Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil.
Contratación
PakolasPaco Cerdeira 649 611 845 pakolas.cerdeira@gmail.com