Moitos anos e algúns cambios de formación sucedéronse desde que seis músicos a medio camiño entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) xuntáronse nun soto alá por xullo de 2004 para tocar un puñado de cancións inspiradas polo son do rock’n’roll americano e británico de principios dos 70.Actualmente a banda está composta por Jorge Mizer e Guillermo Gagliardi ás guitarras, Jann Zerega ao baixo Fender, Xabier Vieitez ás teclas, Mauro Comesaña á batería e Toño López á voz principal. Foi precisamente a tinguidura puramente soul e afroamericana da voz de Toño —sumada a unha intimidante presenza escénica chea de clase, pero en certo xeito salvaxe— o que lles levou a bautizarse como The Soul Jacket.A día de hoxe, The Soul Jacket son un claro referente na escena do rock’n’roll e o R&B nacional e estanse a abrir paso na internacional, milleiros de quilómetros de experiencia en directo e un crecemento enorme en cada traballo discográfico levou á banda a un estado de graza como facía tempo non se vía por estes lares.Entre os traballos editados ata a data atópanse os álbums “Wood Mama” (2012), “Black Cotton Limited” (2014), “The Soul Jacket Vol. III” (2017) e “Plastic Jail” (2018), ademais dos EPs “Gunpowder Valley” (2013) e “Soul BBQ” (2016).
Contratación
SoundealersPepe Ferrández (+34) 620 294 797 - (+34) 918 191 822 info@soundealers.es