• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Moondogs Blues Party

Co seu primeiro disco “O cadelo lunático” (Autoeditado, 2007), Moondogs Blues Party obtiveron uns cantos recoñecementos musicais, como o premio "Talentos 2007", de El País ou a final do Festival Azkena Rock Music 2007.

Ademais Moondogs Blues Party foron semifinalistas do International Songwriting Competition (ISC) americano entre máis de 15.000 participantes de todo o mundo, e cuxo xurado conta con artistas como Tom Waits ou John Mayall.

O produtor norteamericano Kris Kaczor pediulles o seu tema “Walking night in Mississippi" para un DVD documental do Instituto de Historia de América sobre a escravitude.

O seu segundo disco, “Thirty Roads” (Hotsak, 2011), foi gravado nos estudos Abrigueiro (Friol, Lugo) durante os meses de agosto e setembro de 2010, co produtor Arturo. Tamén conta coas colaboracións de músicos como Víctor Aneiros á guitarra eléctrica e de Vanesa Cernadas e Andrea Louro ás voces.

“Through the darkness of the forest” (Hotsak, 2013) é o seu terceiro traballo. Gravado en Litium Records (Pontevedra) nunha sesión única en directo, pódese escoitar unha banda madura que se move con comodidade entre o blues, o jazz, o soul ou a psicodelia. Conta coa colaboración especial de Belem Tajes ás voces e de Rafa Darrosa como enxeñeiro de son. De novo o selo vasco Gaztelupeko Hotsak aposta polo son da banda e decide editar este EP en vinilo.

En 2013 formaron parte do cartel do Noroeste Pop Rock xunto a Doctor Gringo, Los Enemigos e Kiko Veneno.

Contratación

Moondogs
Cristina Corral
(+34) 659 286 525
info@moondogsbluesparty.com

Discografía

Through the darkness of the forest

MOONDOGS BLUES PARTY

2013, Gaztelupeko Hotsak

Thirty Roads

MOONDOGS BLUES PARTY

2011, Gaztelupeko Hotsak

O cadelo lunático

MOONDOGS BLUES PARTY

2007, Autoeditado

Vídeos

Wicked Woman

MOONDOGS BLUES PARTY

Arrepentido Blues

MOONDOGS BLUES PARTY

Through the darkness of the forest [Teaser]

MOONDOGS BLUES PARTY

The Devil is on the roof

MOONDOGS BLUES PARTY

Tal vez tamén che gusten