• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Tempo

GALKAN

Tempo, Audio Oficial
Tema incluído no álbum “Pelerinaxes”

Música e letra: Galkan
Percusión: Eloi Pascual
Gravación e mestura: Eloi Pascual
Masterización: Abrigueiro Estudios
Deseño da portada: Lina L. From Our Mind

Escoita a nosa música nas seguintes plataformas: https://linktr.ee/Galkan

Letra:

Érgome cedo pola mañá
subo ao monte a ver que medra.
Fago un debuxo para explicar
as cores que levo na testa.
Busco a tinta nunha postal
pero non atopo as letras.
Cántolle ao gato un recital
vaise soterrar na area.

Non é o sol e o estrés da cidade
nin que pare moito nos bares.
Non é a noite e a luz das estrelas
nin a música das festas.
Non é que pense que todo está mal
e que ir a Vigo non pague a pena.
Non son as ganas de verte
diso fai xa moito tempo.

Non é a aldea.

Planto unha planta soamente para min
e agardo que brote en Febreiro.
Movo todas as cousas de lugar
e todo segue no medio.
Cambio a luz, é diferente
agora xa respiro menos.
Collo un libro, voume a durmir
déixoo por todo o que penso.

Non é a falta de vontade
nin que voen as bolboretas.
Non é que o río non veña
nin que o mar non teña présa.
Non é o Luns pola mañá
cando me acorda o pouco que teño.
Non é porque custe rir
nin porque non me pase o tempo,

Nas escaleiras.

Collo o coche a Palas de Rei,
non recordo tanta néboa.
Busco un recordo para escribir
e no chan só atopo terra.
Falo cas augas dun manancial
debaixo de moitas pedras.
Fago como que todo está ben
e camiño pola leira.

Non é que teña poucas c

Máis vídeos de Galkan

Pareidolia

GALKAN

Pelerinaxes

GALKAN

La Percusión De Mi Pecho

GALKAN

Desacougo

GALKAN

Os Esmolantes

GALKAN

Rumba Meirega

GALKAN

Malas Novas

GALKAN

Xota Do Esquecemento

GALKAN

Con Nome De Lagoa

GALKAN

Arrolo de Y

GALKAN

Ani

GALKAN