• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Pelerinaxes

GALKAN

Pelerinaxes, Audio Oficial
Tema incluído no álbum “Pelerinaxes”

Música e letra: Galkan
Percusión: Eloi Pascual
Gravación e mestura: Eloi Pascual
Masterización: Abrigueiro Estudios
Deseño da portada: Lina L. From Our Mind

Letra:

Os camiños, e a súa invitación á viaxe
Os delirios, deixan xa de molestarme
Sen problemas, sen histerias, que desastre
Sen tolemias e sen presas, que milagre.

As tabernas, cheas de viño que quece
E as aldeas, hai xa tempo que sen xente
Tanto frío, tantos días xa sen verte
Poucas luces, que me guíen, que me leven.

Auga cae
Pensando na herba de namorar
Chegar ao fin, mais
Xa non queda.

As lareiras, faltas de pasos e de bailes
E as veciñas, que convidan a quedarse
Pasa o tempo, e a tristura de equipaxe
Piso os demos, que alimentan a carraxe.

Pola veiga, cun sorriso e con fame
Sen moedas, e ningún can que me ladre
Sopra o vento, e a soidade de peaxe
Piso o tempo, e os camiños desta viaxe.

Auga cae
Pensando na herba de namorar
Chegar ao fin, mais
Xa non queda.

Máis vídeos de Galkan

Pareidolia

GALKAN

La Percusión De Mi Pecho

GALKAN

Desacougo

GALKAN

Os Esmolantes

GALKAN

Rumba Meirega

GALKAN

Malas Novas

GALKAN

Tempo

GALKAN

Xota Do Esquecemento

GALKAN

Con Nome De Lagoa

GALKAN

Arrolo de Y

GALKAN

Ani

GALKAN