• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Desacougo

GALKAN

Desacougo, Audio Oficial
Tema incluído no álbum “Pelerinaxes”

Música e letra: Galkan
Percusión: Eloi Pascual
Gravación e mestura: Eloi Pascual
Masterización: Abrigueiro Estudios
Deseño da portada: Lina L. From Our Mind

Primeiro de Outubro sen ganas de madrugar
sen debates sen conflitos só con ganas de chegar
de coñecer ese demo pequeno con nome en Cymraeg
O que lle espera.

Bicos amargos, caerse ao camiñar
longas esperas, as lendas e os quizais
un paraiso sen présa que cada día queima.

Non sei de onde son, en que lingua soño
quen é ese señor, que me mira aos ollos
como xira o sol, qué serei cando medre.

Non sei onde estou, nin a quen lle importo
o porqué desta dor, que me rompe os ósos
as conxugacións, como se forma a neve.

Mais non pensedes que todo está mal
hai agasallos, visitas e luces de nadal
contos de fadas, roupa por estrear, que mais da?
se non podo respirar.

As luces non quecen a todas por igual
regalos esquecidos nun bar
palabras que non chegan e ou non podo durmir.

Non sei de onde son, en que lingua soño
quen é ese señor, que me mira aos ollos
como xira o sol, qué serei cando medre.

Faixas horarias que non paran de amolar
para o norte, para o leste, pero nunca para un fogar
Profecías divinas, que raramente atinan
Qué mala sorte.

Da mina de ouro que está a piques de estoupar
das mentes mediocres que deciden sen pensar

Da desidia, das présas, dos despachos, de aturar
as malas caras, da falta de ganas, de xogar con catro mapas
de pechar a fin de semana.

Máis vídeos de Galkan

Pareidolia

GALKAN

Pelerinaxes

GALKAN

La Percusión De Mi Pecho

GALKAN

Os Esmolantes

GALKAN

Rumba Meirega

GALKAN

Malas Novas

GALKAN

Tempo

GALKAN

Xota Do Esquecemento

GALKAN

Con Nome De Lagoa

GALKAN

Arrolo de Y

GALKAN

Ani

GALKAN