• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Galkan

Galkan é unha banda galega que constrúe unha proposta musical propia a partir das raíces tradicionais, tomando como base ritmos como a muiñeira e a xota e levándoos cara a novas sonoridades. A súa música transita desde o folk fusión galego ata ritmos doutras latitudes, como a rumba, incorporando tamén influencias do punk, cun son que transita entre o acústico e o eléctrico.

O proxecto comeza a xermolar en 2018 durante unha viaxe por Latinoamérica, marcando fondamente a identidade sonora e conceptual da banda, onde as letras ocupan un lugar central, abordando temas como o feminismo, a protección da infancia, a identidade galega, a conexión con Latinoamérica e as vivencias persoais de quen compón.

A banda está formada por Lina Lóbui (voz), Cristian Rodríguez (baixo, pandeireta e voz), Abraham Herrero (ventos e voz), Manu Castro (guitarra), Lucía Pretone (violín) e Pablo Barrio (percusión).

En marzo de 2024 publicaron o seu primeiro EP, “Galkan”, composto por cinco temas, coa colaboración do percusionista e compositor vigués de jazz Eloi Pascual na gravación, mestura e masterización.

No verán de 2026 publicouse o primeiro álbum da banda, “Pelerinaxes”. Este novo traballo, composto por oito temas, incorpora novos referentes como Florencio, o cego dos Vilares, e a forza poética de Paco Souto. Paralelamente, a banda está a consolidar a súa presenza nos escenarios galegos, cunha actividade en directo crecente en salas e programacións ao longo de todo o territorio.

Contratación

Cristian Rodríguez
622 15 42 37 - 682 67 77 33
galkanproxecto@gmail.com

Discografía

Pelerinaxes

GALKAN

2026,

Galkan

GALKAN

2024,

Vídeos

Pareidolia

GALKAN

Pelerinaxes

GALKAN

La Percusión De Mi Pecho

GALKAN

Desacougo

GALKAN

Os Esmolantes

GALKAN

Rumba Meirega

GALKAN

Tal vez tamén che gusten