Melona Fest


Contacto
(+34) 605 941 247 (+34) 649 364 534 lamelonaeventos@gmail.com

A Melona é un colectivo afincado en Santiago de Compostela desde finais de 2015 que nace da necesidade e o afán por aproveitar a capital galega e o seu potencial para promocionar a cultura, así como ós artistas emerxentes de distintas disciplinas artísticas do panorama galego, estatal e internacional.Despois do ano de vida, e continuando o seu empeño por medrar dentro do lecer compostelán, A Melona-Eventos Culturales lánzase a organizar o seu primeiro festival: o MelonaFest Vol.1.A oportunidade de organizar nunha única cita distintas propostas de bandas e DJ’s da contorna galega e lusa materialízase en abril do pasado ano. Na súa primeira edición, o MelonaFest programa unha dobre cita, diúrna e nocturna, nun evento ecléctico con proxectos de gran calidade como Aries, que presentou a súa existoso “Adieu or Die” (A Castanya/K Records, 2016).Ademais do eclecticismo e a experimentación do Vol. I, que pretende continuarse e ampliarse no seu Vol. II, o colectivo centra a atención desta segunda edición na xestión de varios espazos facendo á cidade protagonista do evento. Este ano unha das principais novidades que é a duración do evento, que pasa de 1 a 3 días (6, 7 e 8 abril).Ampliando horizontes, tanto en estilos como en fronteiras, o festival incorpora artistas internacionais como os holandeses The Mauskovic Dance Band e continúa apostando por creadores galegos consolidados como Fluzo e emerxentes como Boyanka Kostova.As relacións coa escena musical lusa, un dos selos de identidade do colectivo, afiánzanse este ano coa colaboración da iniciativa “Um ao Molhe”, o festival itinerante de artistas one-man-band que achega os proxectos Surma, O Manipulador e Tren Go! Sound System.Deste xeito, A Melona convídanos a desfrutar dunha cita heteroxénea e fresca que promete non defraudar tanto a melómanos como aos amantes do lecer nocturno e a festa.
Promotores: La Melona
Ano de creación: 2016
Periocidade: Anual
Duración: Tres días
Lugar de celebración: Santiago de Compostela
Datas aproximadas de celebración: 28 de outubro-1 de novembro 2020