Agosto na Ría


Contacto
(+34) 986 073 047 http://bluscus.es/eventos-en-galicia/agosto-na-ria-marques-vizhoja/ comunicacion@bluscus.es

No seu terceiro ano, o festival Agosto na Ría Marqués de Vizhoja trata de por en valor os elementos da tradición marítima da ría de Vigo. Os valores Bluscus nos definen, queremos difundir o traballo dos profesionais marítimos, valorar e difundir os seus costumes, patrimonio e cultura marítima en xeral.Con Agosto na Ría Marqués de Vizhoja seguimos esa estela, un evento musical realizado nun barco antigo restaurado, cociña baseada nun produto artesanal e a ría de Vigo como elemento común.Nesta edición 2017 presentamos unha chamada internacional, Portugal será o país convidado, sendo representada polo grupo Benjamim (Lisboa), co apoio do Instituto Camões.Agosto na Ría Marqués de Vizhoja é historia, un centenario veleiro, Xulio Verne, o mar, as Illas Cíes... Vigo é unha cidade con historia e historias que contar.É gastronomía, unha selección de marisco das rías galegas e viño branco galego Marqués de Vizhoja.É cultura, as bandas serán o motor do barco que navega cara ás Illas Cíes.É mar, a ría de Vigo servirá de escenario natural, no que divisar un entorno único.É música, volvemos apostar por grupos galegos; este ano, como novidade, tamén convidamos a Portugal da man de Benjamim.A Ría é o nexo do festival, oito concertos durante todo o mes de agosto (venres e sábados).
Promotores: Bluscus Turismo Marinero
Ano de creación: 2015
Periocidade: Anual
Duración: Un mes
Lugar de celebración: Vigo
Datas aproximadas de celebración: Todo o mes de agosto