Festival dos Eidos


Contacto
651 184 408 https://eidosfest.com/ eidosfest@litfest.eu

O Festival dos Eidos é un evento singular de cultura de vangarda realizado no medio rural, que se celebra ao redor da Casa-Museo da Fundación Uxío Novoneyra, no Courel, en 4000 m² de patrimonio arquitectónico, cultural e natural na aldea de Parada e a Serra do Courel. O festival presenta un programa de perfil multidisciplinar, sempre coroado pola mellor música e poesía nas súas diferentes manifestacións. O obxectivo principal de Eidosfest dende o seu inicio é servir de fito central da programación da Fundación para o fomento de públicos no seu territorio ao dotar dunha programación musical e cultural contemporánea a un territorio isolado e remoto como é o Courel.Premio do Público Culturgal 2019
Promotores: Fundación Uxío Novoneyra
Ano de creación: 2015
Periocidade: anual
Duración: 3-5 días
Lugar de celebración: Fundación Uxío Novoneyra
Datas aproximadas de celebración: 23-25 de agosto 2024