• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

A Revolta do Umia

A Revolta do Umia

O Festival desenvólvese durante o venres e o sábado da última fin de semana de agosto en Vilar de Mato, unha pequena poboación rural do Concello de Cuntis. Non pretendemos ser un festival máis, senón ofrecer un amplo abano de actividades culturais, musicais, lúdicas, medioambientais e gastronómicas. Obradoiros, cata sonora, exhibición muralista, (Mou Mutante na edición de 2022), ruta de sendeirismo, xogos infantís ou sesión vermú conforman un programa de actividades complementarias para todos os públicos.

Un dos grandes atractivos do festival é a súa localización na contorna rural. Integrado plenamente na natureza, a nosa ubicación supón un aliciente máis para os nosos festivaleiros e festivaleiras, que poderán gozar da música e participar nas actividades no medio natural, nunha zona na que o río Umia perfila espazos únicos nos que pasar dous días de festival. Algúns xa nos consideran o Paredes de Coura galego.

Un dos nosos valores identificativos, tanto da nosa asociación como do festival A Revolta do Umia, é a defensa e protección do medio ambiente, apostando por unha política de cero residuos. Con accións como a retirada de lixo no tramo do Río Umia próximo á ubicación do festival, un premio a unha entidade que destaque na protección medioambiental e á utilización de vasos reutilizables, entre outras.

Polo festival teñen pasado artistas como Tanxugueiras, BALA, Terbutalina, Familia Caamagno, Viva Belgrado, Grande Amore, Agoraphobia, The Rapants, entre outros. Para este 2023 apostamos por dous días de festival con estilos diferenciados, o primeiro deles máis próximo ao rock ou mesmo o post rock, e o sábado primará o pop, a electrónica ou os ritmos urbanos.

Promotores: Asociación A Revolta do Umia

Ano de creación: 2017

Periocidade: Anual

Duración: 2 días

Lugar de celebración: Vilar de Mato - Cuntis (Pontevedra)

Datas aproximadas de celebración: 25-26 de agosto de 2023

Tal vez tamén che gusten