• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

DE FESTIVAL EN FESTIVAL... E TIRADE PORQUE TOCAN OUTRA! XULLO 2018

DE FESTIVAL EN FESTIVAL... E TIRADE PORQUE TOCAN OUTRA! XULLO 2018
22 XUÑO 2018

A Candeloria, o Esmorga, a Melona, o FIV, o Surfing... si, xa levamos varios enriba, pero por aquí temos batería de sobra para desfrutar dos festivais de GalicianTunes que nos trae xullo e que vos deixamos, xunto con ligazóns de interese, para que escollades o que mellor se adapta a vós entre os diferentes xéneros musicais: hardcore, metal, rock, pop, indie, jazz... Que non vos decidides? Pois a desfrutalos todos!

 

PORTAMÉRICA

Como unha ponte entre Europa e América, PortAmérica conecta as diferentes culturas a través da música, o ocio e a gastronomía e xa é considerado como un dos festivais de referencia en Galicia e en todo o país. Nos Iberian Festival Awards 2018, o festival alzouse coa Mellor Activación de Marca con Ron Barceló.

 

Cando?: 5-7 de xullo

Onde?: Caldas de Reis (Pontevedra)

Quen?: [Horarios]

Xoves 5 Imelda May · La Pegatina · Pussy Riot · Jenny And The Mexicats · Los Auténticos Decadentes · Chico Trujillo · Los Caligaris · Mitú · Carlos Méndez

Venres 6 Vetusta Morla · La Habitación Roja · Viva Suecia · Neuman · Miranda! · Was · La Vida Bohème · Iseo & Dodosound with the Mousehunters · Habitación Vudú · Arturo Paniagua DJ · Alto Volta

Sábado 7 Izal · Xoel López · El Columpio Asesino · Elyella · Los Coronas · Pasajero · We The Lion · Shinova · Jacobo Serra · Luis Brea Y El Miedo · Pardo

Canto?: Compra online anticipada en Ticketea dende 30€ a entrada de día ata 60€ polo abono de tres días, ambas máis gastos de xestión. Menores de 12 anos entrada libre e sempre acompañados dun pai, nai, tutor legal ou adulto responsable con autorización firmada; os menores de 16 anos acompañados de padre, madre, tutor ou adulto responsable con autorización firmada.

Máis?: Posibilidade de acampar (tenda, furgo ou caravana) á beira do río Umia desde o mércores 4 de xullo ás 16.00 h ata o domingo 8 á mesma hora. Dispositivo especial de transporte desde Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Noia, Ribeira, Catoira, Vilagarcía, Sanxenxo, Portonovo, Cambados, Bueu e Cangas. A gastronomía será outra gran protagonista con chefs premiados con Estrelas Michelín e Soles Repsol que prepararán tapas gourmet a prezos asequibles. Nesta edición, os chefs invitados para o ShowRocking serán Pepe Solla (comisario), Andoni Luis Aduriz, Pablo González, Diego Guerrero, Roberto Ruiz, Javier Olleros, Paco Morales, Yayo Daporta, Maca de Castro, Estanis Carenzo, Yolanda León, Begoña Rodrigo, Xoán Crujeiras, Héctor López, Julio Sotomayor, Daniel Guzmán, Edgar Núñez, Kiko Martins, Mario Castrellón, Germán Espinosa, Lucía Freitas, Christian Bravo, Beatriz Sotelo, Diego López, Álvaro Villasante, Roberto Filgueira, Antonio Botana, Iñaki Bretal e Pablo Romero.

Novidade!: Haberá dous talleres infantís: Pinta o teu instrumento, o venres 6 de 18.00 a 21.00 h; e Maquillaxe e tattoo rock, o sábado 7 de 18.00 a 22.00 h.

 

 

 

RESURRECTION FEST

O maior festival de hardcore, punk e metal de España nunca defrauda e sempre supérase. Creado por e para os fans, o «Resu» leva xa 12 edicións e segue a sumar seguidores. Nos Iberian Festival Awards 2018, o xurado coroou ao Resurrection Fest como Mellor Festiva de Gran Formato, Mellor Cartel e Mellor Zona de Acampada de toda a Península Ibérica e, por votación popular, Mellor Directo Internacional pola brutal acuación de Rammstein na pasada edición.

 

Cando?: 11-14 de xullo

Onde?: Viveiro (Lugo)

Quen?: [Horarios]

Mércores 11 Golpe Radikal · Teksuo · The Qemists · Riot Propaganda · Jello Biafra and TGSoM · Ministry · Powerflo

Xoves 12 Dawn of The Maya · Jinjer · Overkill · Anti-Flag · Stone Sour · Ghost · Bloodhunter · Against The Waves · The Raven Age · Nostromo · The Lurking Fear · Suffocation · At The Gates · Band Contest · Los Montañeros de Kentucky · Cuchillo de Fuego · Get The Shot · Basement · Crystal Lake · The Baboon Show · Cancer Bats · Stick To Your Guns · Abaixo Cu Sistema · Noah Histeria · Vörtex · Agoraphobia · Aathma · Imperial Jade · Rolo Tomassi · Mars Red Sky · Wolves In The Throne Room

Venres 13 Santo Rostro · Virgen · The Contortionist · Rise Of The Northstar · Megadeth ·Scorpions · Angelus Apatrida · Pandemia · Barbarian Prophecies · Rise To Fall · The Voynich Code · Uneven Structure · Leprous · Paradise Lost · Band Contest · Boneflower · Trono de Sangre · Adrenalized · Evergreen Terrace · Wolfbrigade · Turnstile · Sick of It All · Seek ‘Em All · Stoned At Pompeii · Ciconia · Hongo · The Wizards · Niña Coyote eta Chico Tornado · Monolord · Crowbar · God Is An Astronaut

Sábado 14 Somas Cure · Oceans Ate Alaska · Tremonti · Frank Carter & The Rattlesnakes · Prophets of Rage · KISS · Exodus · Amenaza de Muerte · Aposento · Ósserp · Rotten Sound · Igorrr · Thy Art Is Murder · Alestorm · Band Contest · Now I Am · Bellako · Sugus · Stray From The Path · Authority Zero · The Bronx · Zebrahead · Hybrid Park · Pūrpura · Kathaarsys · Malämmar · Ànteros · Process of Guilt · Harakiri For The Sky · Stoned Jesus · Eyehategod

Canto?: Compra online anticipada en http://www.resurrectionfest.es/entradas con entradas de día desde 12€ ata 89€ máis gastos de xestión, e abonos desde 139€ ata 221€ máis gastos de xestión.

Máis?: Como en anos anteriores, o festival ofrece varias opcións de acampada: ResuCamp a poucos metros do recinto e preto da praia de Celeiro con WC, duchas de augua quente, servicio de cafetería, enchufes, aparcadoiro (ata completar capacidade), WiFi e seguridade. Beachcamp con WC, duchas de auga quente, servizo de cafetería, enchufes, seguridade e buses lanzadeira. Acampada gratuita aínda por confirmar. Glamping con tendas para 1,2 ou 4 persoas, opción de alugar só tenda ou colchón, opción de almorzo...; confirmados os aloxamentos colaboradores.  Transporte ida-e-volta desde distintos puntos de España e Portugal.

 

 

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA

Unha vintena de grupos sobre o escenario e a música celta como protagonista é a mellor definición do Festival de Ortigueira, que este ano celebra o seu 40 aniversario. As badas máis importantes da música celta no mundo, as figuras máis relevantes do folk galego e os grupos máis prometedores, xunto cos desfiles das bandas das nacións celtas (Escocia, Irlanda, Bretaña, Asturias e Galicia), reuniranse en Ortigueira para celebrar a cultura celta.

 

Cando?: 12-15 de xullo

Onde?: Ortigueira (Coruña)

Quen?: Milladoiro · Carlos Nuñez · Imar · Yves Lambert Project · Kila · Rubén Alba · Os D’abaixo · Lúnasa

Canto?: De balde!

Máis?: No festival tamén se poderá desfrutar de obradoiros, exposicións, proxeccións, un ciclo de teatro e a súa xa tradicional feira de artesanía.

 

 

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

Celebrado nas rúas e prazas da Zona Monumental de Pontevedra, centrándose principalmente nos músicos galegos de estilo jazz, blues, R&B ou soul, chega o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Do 16 ao 21 de xullo, non vos perdades os concertos, jam sessions e workshops que se levarán a cabo nas rúas de Pontevedra.

 

Cando?: 16-21 de xullo

Onde?: Praza do Teucro e da Ferraría, Pontevedra

Quen?:

Luns 16 Alfonso Calvo Septet · Javier Abraldes Trío

Martes 17 Nomads · Miguel Ponce Trío

Mércores 18 Don Bryant and the Bo-Keys · Sunil López Trío

Xoves 19 Abe Rábade Trío · Brais Lorenzo Trío

Venres 20 Walter “Wolfman” Washington & the Roadmasters · Vinseiro & Gilino

Sábado 21 Stefano Bollani “Que Bom” Quintet · Pedro Freijeiro Trío · Andrea Traverso Quartet

Canto?: De balde!

Máis?: De luns a sábado haberá unha street band e de luns a venres Joel Ross e Jorge Vistel estarán no antigo conservatorio (Alfonso XIII, 7) para o Pontejazz Workshop. O sábado 21 o Jazz de Taberna poñerao Andrea Traverso Quartet na Taberna do Jazz (San Sebastián, 19).

 

 

ATLANTIC FEST

Un festival para todas as idades no que a música contemporánea, electrónica, indie e pop mestúranse para dar vida ao Atlantic Fest. Artistas coñecidos e emerxentes conforman o cartel deste festival que, durante tres días, acollerá concertos e actividades das que poderán desfrutar tanto maiores como pequenos nunha paraxe de ilusión.

 

Cando?: 20-22 de xullo

Onde?: Illa de Arousa (Pontevedra)

Quen?:

Venres 20 María Arnal i Marcel Bagés · La Plata · D’Valentina · Jay · Soledad Vélez · máis grupos por confirmar

Sábado 21 Kaiser Chiefs·  The Vaccines·  Iván Ferreiro·  La Casa Azul·  Rodrigo Amarante·  Los Nastys·  Caxade

Domingo 22 Esteban & Manuel · máis grupo por confirmar

Canto?: Compra online anticipada en http://atlanticfest.com/comprar-entradas/ a 55€, máis gastos de xestión, o abono de tres días. Debido á capacidade limitada do espazo natural onde se celebra o festival, non hai entradas de día dispoñibles, «xa que as persoas que compraron o seu abono para o festival teñen preferencia de acceso».

 

 

 

FESTIVAL SINSAL SON ESTRELLA GALICIA

Unha illa, un cartel secreto... estas son algunhas das singularidades que fan ao festival Sinsal SON Estrella Galicia tan especial. Celebrado na illa de San Simón, non se coñece aos artistas que tocarán ata que baixas do barco que pon a disposición a organización.

 

Cando?: 26-29 de xullo

Onde?: Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra)

Quen?: Cartel secreto! Os artistas non se darán a coñecer atala chegada do público á illa, é ou non é emocionante?

Canto?: Entradas, con viaxe en barco incluído, á venda en Ticketea; as do sábado 28 e domingo 29 xa están esgotadas, pero aínda estades a tempo de comprar as do xoves 26 por 20€ ou o venres 27 por 35€, ambas máis gastos de xestión.

¡Novidade!O Sinsal presenta nesta edición seis iniciativas para un #SinsalSostenible: #sinsalporigual, #sinsalediverso, #sinsalecircular, #sinsalelocal, #sinsalsenmalosfumes, #sinsalsenplásticos

 

 

NIGRANJAZZ

Jazz, relax e unha contorna de gran beleza son os compoñentes clave de Nigranjazz, festival no que os asistentes desfrutarán dun ambiente único onde músicos de jazz galegos emerxentes comparten protagonismo, e escenario, con músicos de renome internacional.

 

Cando?: 27-28 de xullo

Onde?: Nigrán (Pontevedra)

Quen?: Por confirmar

Canto?: Por confirmar

 

BASTICORE

Quilos de sandía e 12 horas ininterrumpidas de punk, rap ou reggae. Basticore é o festival que axunta música independente e skate, perfecto para coñecer bandas emerxentes que están acadando facerse un oco na escena musical nacional. Este evento levarase a cabo no parque de skate de Bastiagueiro, en Oleiros (A Coruña), onde ademais realizarase o xa tradicional concurso de skate e a exhibición de skaters profesionais para animar aos participantes a mellorar a súa técnica.

 

Cando?: 28 de xullo

Onde?: Skatepark de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña)

Quen?: Medalla, Wasted Wiltons, Drei Affen, Schwarzenegger, Super Busty Samurai Monkey, Tyrnaya, Klüte, Milgram, Grima, Sad Damn Hosse Lean, Playa Desmayo

Canto?: De balde!

Máis?: Información sobre actividades, postos e transporte por confirmar.

 

 

  noticias