SETEMBRO SEGUE A BAILAR ENTRE FESTIVAIS
Seica todo o bo se acaba… e si, quedan días de verán, pero en dez días entra setembro (con todo o que este supón!) e nun mes aproximadamente, o outono. Xa anoitece antes, comeza a refrescar, o plan de «praieo», «piscineo», «terraceo» e demais «–eos» estivais sen ter en conta o reloxo cambia por traballo, escola ou universidade. Aínda así, deixámosche os seis festivais desta plataforma que se celebrarán durante o mes de setembro para que á volta a rutina non sexa taaaan dura. Elixe festi(s)... e estrea axenda!
O Arteficial nace co obxectivo de potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural desde o punto de vista de xente nova e desde unha postura actual e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral.
Cando?: 4 de setembro
Onde?: Ribadavia (Ourense)
Quen?: Laura LaMontagne & Pico Amperio • Niki Moss • Os Amigos dos Músicos • Noiserv Canto?: Entrada simbólica e voluntaria de alimentos non perecedoiros ou bens de hixiene, sobre todo para nenos, en colaboración con Cruz Vermella O Ribeiro.
O Revenidas é unha cita anual imprescindible no calendario dos festivais galegos onde a música comparte protagonismo coas sardiñas salgadas e asadas na grella. Xa hai case vinte anos que en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) se reúnen cada verán artistas de dentro e de fóra, unidos por sons mestizos á vez que de marcado carácter popular, que acompañan e promoven a festa e reivindican a cultura e o espazo público como patrimonio dos cidadáns.
Cando?: 9-12 de setembro
Onde?: Porto de Vilaxoán de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Quen?:
Xoves 9 Tanxugueiras • Los Rastreadores • Verto
Venres 10 Laura LaMontagne & Pico Amperio • Ciudad Jara • Los Chikos del Maíz
Sábado 11 A banda da Loba • Guadi Galego • Talco Maskerade • A Rabela • Boyanka Kostova
Domingo 12 Xabier Días & Adufeiras de Salitre • Zoo • Mounqup • Monoulious DOP
Canto?: Abono de catro días a 40€, ou 20€ para menores de 0 a 12 anos; entradas de día a 20€, ou 10€ para os nenos de 0 a 12; e as sesións vermú van de desde os 8€ ata os 16€. Mércaas online seguindo esta ligazón! Lembra antes botarlle unha ollada desde aquí ás condicións de acceso para menores de idade.
«Benvidos ao Festival de la Luz, a miña casa, e estes días tamén a vosa casa»; así presenta Luz Casal este festival único e solidario para público de 0-99 anos que, unha vez máis, se reinventa coa súa segunda Edición Especial Leiras, adaptada á normativa sanitaria actual.
Cando?: 10-12 de setembro
Onde?: Boimorto (A Coruña)
Quen?:
Venres 10 Nil Moliner • Monoulious DOP • Broken Peach • Irenegarry • Moura • Kings of the Beach • Superglú
Sábado 11 Def Con Dos Tenores • Soleá Morente • Obús • Alice Wonder • Rodrigo Cuevas • Di Brain • Los Jinetes del Trópico • Santiaguiños de Boimorto
Domingo 12 Coque Malla • _juno • Sabela • Los Estanques • Verto • Jordana B • A Banda da Balbina
Canto?: Como o ano pasado, as entradas están divididas por leiras e por días: a Mini Leira, con capacidade para dúas persoas, desde 20€ persoa; a Leira Verbena para cinco, desde 20€ tamén; e a Leira Familiar, cun máximo de dez persoas desde 19€ cada unha. Tamén podes adquirir a Leira Solidaria 0 por 5€! Todas as entradas, e as súas condicións de compra están á venda en: https://www.festivaldelaluz.es/entradas/. Ademais, volve a estar dispoñible o cámping, desde 7€ toda a fin de semana, e a parcela para caravanas ou furgonetas desde 9€: https://www.festivaldelaluz.es/camping/. A recadación desta edición irá destinada a Cruz Vermella Galicia y la Fundación Andrea.
Festival organizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que pretende vincular a música coa posta en valor do patrimonio histórico-artístico, mediante a celebración de concertos de música clásica e demais estilos musicais en diferentes e sorprendentes espazos de interese cultural das catro provincias galegas.
Cando?: 11-26 de setembro
Onde?: Espazos distribuídos pola provincia da Coruña
Quen?: Manseliña • Oni Wytars • DOUS • VIVID Consort • Xoán Curiel • Pablo Sanmamed
Canto?: Concertos de balde e entrada libre ata completar capacidade! Para asistir aos concertos e actividades é preciso a inscrición previa nas datas establecidas, que podes consultar aquí, a través de actividades@espazossonoros.org. A reserva por correo electrónico será para cada xornada e incluirá a asistencia ao concerto e á actividade programada. Para información máis detallada, bótalle unha ollada á súa páxina web.
Máis!: Espazos Sonoros ofrece unha nova rolda de Coñece o teu patrimonio.
Non só é un festival de música, é toda unha experiencia musical… que volve coa súa 14ª edición. A cita festivaleira cambia este ano a primavera polo verán, case outono, e faino adaptado aos tempos que corren. Serán tres días consecutivos de música e actividades, nos que os diferentes artistas actuarán simultaneamente nos escenarios situados na Praza da Constitución e no Campo da Feria. Enclaves que acollerán este novo FIV, espazos amplos que permiten a adaptación aos protocolos sanitarios vixentes.
Cando?: 17-19 de setembro
Onde?: Vilalba (Lugo)
Quen?:
Venres 17 Melenas • dani • Momboi
Sábado 18 Xoel López • Novedades Carminha • Zahara • La Bien Querida • Ortiga • Magical Colors • Begun DJ Set • Rapariga DJ
Domingo 19 Petit Pop • Banda de Música de Vilalba
Canto?: Abonos esgotados!
O festival máis «agarimoso» volve cunha edición adaptada á situación, que aportará o seu grao de area para, pouco a pouco, ir recuperando os bos costumes. Osa do Mar segue a apostar pola mesma liña que en edicións anteriores, cunha programación orixinal e un cartel alternativo, underground e de calidade.
Cando?: 24-25 de setembro
Onde?: Burela (Lugo)
Quen?: Blanco Palamera • Delaporte • The Rapants • Veintiuno • Verto • Máis por confirmar!
Canto?: Abonos esgotados!