• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
FØ Records

FØ Records é un colectivo de trap, drill e hip-hop de Negreira, Galiza, fundado en 2019. O grupo está formado polos rapeiros Puto Rumeinian (Bogdan Anestiadi), Camel B. (Álvaro Alvite), goodboy.Xd (Raúl Rey) e og coulomb (Jesús Suárez). Ademais de facer música, o grupo dedica especial atención á parte audiovisual, con numerosos videoclips de produción e dirección propia, e unha estética diferenciada e presente durante toda a súa breve traxectoria.

O colectivo autoeditou ata o momento dous proxectos e varios sinxelos: en agosto de 2019, lanzan "A porrallada", o primeiro sinxelo e, probablemente, o seu tema máis recoñecido ata o momento. A súa mixtape debut, "O Club do Pitillo", saíu en febreiro de 2020, semanas antes do comezo do estado de alarma provocado polo coronavirus. No primeiro verán durante a pandemia, publican "Lume", corte cun videoclip que os leva a gañar o Premio Youtubeiras 2020 na categoría musical.

Xa en 2021, sae "Plăcinte", o segundo proxecto do colectivo e a estrea como protagonista do rapeiro Puto Rumeinian. Durante o verán dese mesmo ano, viron a luz dous temas máis: "Noites de verán", de og coulomb e "Uh, iah!", de Camel B.

Contratación

FØ Records
+34 608 093 742
contacto@forecords.gal

Discografía

OS MORRISON

FØ RECORDS

2023, FØ Records

Placinte

FØ RECORDS, PUTO RUMEINIAN

2021, FØ Records

Noites de Verán

FØ RECORDS, OG COULOMB

2021, FØ Records

Uh, iah!

FØ RECORDS, CAMEL B.

2021, FØ Records

Chicane

FØ RECORDS, CAMEL B., GOODBOY.XD

2020, FØ Records

O Club do Pitillo

FØ RECORDS

2020, FØ Records

Lume

FØ RECORDS, CAMEL B.

2020, FØ Records

Espumoso

FØ RECORDS, PUTO RUMEINIAN

2020, FØ Records

Vídeos

Uh, iah!

FØ RECORDS, CAMEL B.

Plăcinte: En Directo (con Boyanka Kostova)

FØ RECORDS, PUTO RUMEINIAN

Espumoso

FØ RECORDS, PUTO RUMEINIAN

Lume

FØ RECORDS, CAMEL B.

Quen es ti?

FØ RECORDS, PUTO RUMEINIAN

1/7

FØ RECORDS, DRAMAKID E OG COULOMB

Tal vez tamén che gusten