Julián Lacandona é un músico e compositor arxentino cunha sólida e extensa traxectoria artística. Hai pouco máis de dous anos chegou a Galicia seguindo as pegadas dos seus avós, sumando novas raíces a un percorrido musical marcado pola procura, o compromiso e a identidade.Ao longo da súa carreira publicou tres discos —Soles de Resistencia, No hay tregua e El Conjuro— e actualmente atópase traballando na gravación do seu cuarto álbum. O seu camiño inclúe ducias de concertos, xiras, festivais, recoñecementos e colaboracións internacionais que consolidan unha proposta artística auténtica e en constante evolución.Influenciado por artistas como Manu Chao, Bob Marley, Calle 13, Fito Páez e pola canción de autor española, Lacandona constrúe unha identidade sonora propia onde conviven reggae, rock, rap e canción. A súa obra está atravesada por unha lírica profunda, sensible e punzante, cunha forte pegada social que interpela, esperta conciencia e combina arengas combativas con poesía urbana.Creatividade, honestidade e potencia escénica fúndense en concertos intensos e vibrantes, onde a enerxía flúe sen filtros e conecta directamente co corpo e co corazón do público. Un espectáculo explosivo, cargado de forza, emoción e verdade.
Contratación
LACANDONA672 340 403 - 617 935 073 julianmanuel.musica@gmail.com
