• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
DEQUENVESSENDO

DEQUENVESSENDO é un novo grupo folk que aparece en 2016 froito da xuntanza duns rapaces cunhas mesmas inquedanzas musicais e culturais.

A pesar da súa curta traxectoria, o grupo conta xa con varios premios no seu haber, entre eles o presixioso premio do Festival de Ortigueira, Runas 2019, ademais de tocar en numerosas localidades, tanto dentro de Galicia como en diferentes puntos da Península Ibérica.

O grupo revelación de música folk-celta busca a inspiración do seu primeiro traballo discográfico —“Canto das Xacias”, composto de 11 cancións— na auga e na mitoloxía que está relacionada con ela; un dos elementos máis atraentes e á súa vez descoñecidos da antiga Europa atlántica.





Contratación

MIRMIDÓN
Maruchy Suárez
667 706 241
maruchy.mirmidon@gmail.com

Discografía

Canto das xacias

DEQUENVESSENDO

2020,

Vídeos

Lamento de Sabel

DEQUENVESSENDO

Tal vez tamén che gusten