• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
María Gabeiras

María Gabeiras é unha nova cantautora nacida en Vigo. Comezou a introducirse no mundo da música aos seus 9 anos cando os seus pais decidiron anotala a clases de canto; o seguinte paso foi aprender a tocar o piano e, máis tarde, iniciouse en acordeón no conservatorio municipal de Vigo.

En 2016 deuse a coñecer tras a súa participación no programa televisivo “La Voz" como integrante do equipo de Rosario Flores. Agora, uns anos máis tarde, María volve sorprender co lanzamento do seu primeiro álbum.

“Pequeñas Historias” (2020) é o disco co que debuta a artista viguesa no panorama da música independente. É un álbum autoproducido con cancións compostas e interpretadas a voz, piano e guitarra por ela mesma. Logo do seu lanzamento o pasado 19 de xuño de 2020, o EP xa se pode escoitar en todas as plataformas dixitais.

Contratación

636 425 962
mariarg659@gmail.com

Discografía

Pequeñas historias

MARÍA GABEIRAS

2020, María Gabeiras

Tal vez tamén che gusten