• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nico Casal

Nico Casal é un pianista e compositor santiagués residente en Madrid. Despois de rematar os estudos de piano no Conservatorio Superior de Vigo mudouse a Londres para estudar un Máster sobre composición para cine. Durante os seus anos en Inglaterra traballou en numerosos proxectos audiovisuais entre os que destacan “Stutterer”, gañador do premio Oscar a Mellor Curtametraxe en 2016. Autor da banda sonora de películas como “Te estoy amando locamente”, “La enfermedad del domingo” (nomeado aos premios Feroz por ambos traballos), a película arxentina “Errante Corazón”, “María y los demás” (que lle valeu un premio Mestre Mateo á mellor banda sonora)... documentais como “Pacto de Silencio” para RTVE ou series como “Maricón Perdido” ou “Yo, Adicto” para Disney.

Ademais da súa faceta como compositor, en abril de 2019 Nico lanza o seu primeiro disco “Alone”. O álbum saiu baixo o selo PIAS/Point of Departure Records, acompañado por unha xira por España e Reino Unido, incluíndo o prestixioso Southbank Centre de Londres. Ademais, participou en festivais como o Eurosonic (Países Baixos), Reeperbahn Festival (Alemaña), BIME en Bilbao e o Festival de Jazz de San Sebastián. En 2024 presenta o seu EP “Tourís”.

A súa música tamén se pode escoitar en campañas publicitarias como as últimas de Wimbledon, a DGT, Amazon, Citroen, La Liga, Estrella Galicia, British Airways, Adidas... e en 2016 recibiu unha nominación aos Music & Sound Awards UK pola súa música na campaña internacional “The Pink Ladies” do banco HSBC.

Contratación

Discografía

Tourís

NICO CASAL

2024,

Alone

NICO CASAL

2019, PIAS/PointOfDeparture

Vídeos

Ready to talk - Official Video

NICO CASAL

María y los demás (Trailer)

NICO CASAL

Skinny Love - Bon Iver (Live piano cover)

NICO CASAL

Loud Places - Jamie xx (Live piano cover)

NICO CASAL

Ellie

NICO CASAL

Stutterer (Trailer)

NICO CASAL

Tal vez tamén che gusten