
A partir dos seis anos iniciei o meu achegamento aos estudos musicais. Cursei o Grao Profesional de Piano e recibín asemade ensinanzas de recoñecidos mestres e pianistas, como Maurizio Moretti, Elena Orobio, Akiko Ebi e Alexander Gold. Na actualidade curso estudos no Conservatori Liceu (Barcelona) co prestixioso pianista Josep Colom e na Schola Canturum (París) con Maurizio Moretti.“Metamorfoses” (2017) marcou o inicio dos meus proxectos artísticos. A través da música, a imaxe e a poesía busquei recrear unha viaxe existencial e máxica de 12 meses polos espazos, a natureza e o tempo, pero tamén polas vivencias e as emocións que achei percorrendo o caminho dos 17 aos 18 anos. “Metamorfoses” ten aberto diálogo directo coa obra literaria de Xosé Iglesias, Pedro Casteleiro, María José Fernández, Alfredo Ferreiro, Ramiro Torres, Paco Souto ... e da man de Luís Davila teceu tamén fíos de expresión coas artes plásticas. Agora, polas xanelas que foi abrindo, asoman novos proxectos artísticos, nos que a palabra cantada reivindica tamén o seu espazo.
Contratación
Aida Saco Beiroa 981 860 568 aidasaco@gmail.com