Límbico é un proxecto persoal do guitarrista e compositor Iago Marta. Unha banda instrumental que funciona como vehículo das ideas e preocupacións musicais do seu creador, tentando aglutinar as numerosas e variadas influencias ás que estivo exposto na súa traxectoria como intérprete. Partindo dunha visión jazzística da interpretación, as composicións oscilan entre os arranxos obrigados e a liberdade para os solistas, incorporando linguaxes estilísticas diversas propias do folk, da enerxía do rock ou da improvisación libre.O proxecto naceu coma un trío en 2019, pero evolucionou de forma natural ata converterse nun quinteto, integrado na actualidade por Diego Alonso (saxos), Margarida Mariño (cello), Jose Manuel Díaz (contrabaixo) e Héctor Agulla (batería), ademáis do propio Iago Marta (guitarra, efectos).En Marzo de 2021 a banda achegouse ata os estudios Ancestral, en Ponte Caldelas, para rexistrar os seis temas que compoñen o seu primeiro traballo, con Isaac Millán como técnico da gravación. O proceso quedou rexistrado nun making of feito pola realizadora audiovisual Sara Traba, quen tamén se encargou do deseño xeral do LP de vinilo no que vai quedar recollido o resultado. Para a portada do disco encargouse unha ilustración ao artista vigués Peri Helio.
Contratación
Iago Marta 690 084 088 limbicogz@gmail.com