• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Legítimo Polvo

Legítimo Polvo é o proxecto de Mack Páramo (Los Thyssen, Thee Boas, Psychotic Acid Freek). Synth punk intenso ou post punk electrónico moi persoal e excitante a cargo dun dos grandes axitadores do underground galego. A música para Mack significa “que sigo vivo, facer movidas e ir tirando, pásoo guay facendo temazos. Abúrreme facer sempre o mesmo, algo contraditorio porque me encanta a música repetitiva. Aínda dentro do loop, do drone e a repetición máxima, nunca fixen dous grupos iguais... e a miña forma de traballar nunca é a mesma".

O seu son é un synth punk intenso con letras moi directas, aínda que el o define como "Crazy Frog, o veciño co trade, o guindastre pitando e a motosierra que escoito a diario en Guantánamo sobre un ritmo ben machacón... Iso e os Happy Mondays, Fotocopia, The Soft Moon, JAMC, Boy Harsher, Cabaret Nocturne e cousas así".

En 2021 asóciase con Nüca para poñer en marcha "WRB Split" (Ferror Records, 2021), split editado en casete polo selo ferrolán Ferror Records no que cada proxecto achega tres temas.

Contratación

Mack Páramo
684 185 010
legitimopolvo@gmail.com

Discografía

Legítimo Polvo x Nüca: WRB Split

LEGÍTIMO POLVO, NÜCA

2021, Ferror Records

Tal vez tamén che gusten