• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Piti Sanz

A finais dos oitenta, o músico, autor e compositor Piti Sanz comeza a súa andaina musical profesional en Lugo no grupo Los Contentos, coa publicación de dous discos que rápidamente converten á banda en referente do garage nacional e posteriormente en grupo de culto entre o movemento indie.

En 1993 múdase a Santiago de Compostela, onde comeza a súa traxectoria como técnico de sonido que compaxina co seu labor de compositor de bandas sonoras para cine, teatro e series de televisión.

En 1999, os Premios de Teatro María Casares recoñecen o seu traballo, galardoándoo co premio á Mellor Música por “Finis Mundi Circus”, música que compón co seu amigo e colega Fran Pérez, NARF. A partir de aquí os recoñecementos ao seu traballo seguen ano tras ano: tres premios María Casares á música para teatro e cinco premios Mestre Mateo do Audiovisual á mellor música de cine avalan a súa carreira como compositor; ademáis do Premio Internacional do Festival de Cine de Çeará (Brasil) á Mellor BSO pola música de “Los Fenómenos” (2014).

Dentro do mundo do rock and roll, Piti Sanz colabora como invitado no disco “Obras escocidas” (2001) de Los Enemigos. Asume a dirección musical da Tri Bus Band do Xacobeo 2004; en 2010, volve xuntarse con Luis Tosar para gravar un disco coa banda recentemente formada por ambos, Di Elas; e, en 2015, orquestra o disco “Fai un sol de carallo suite” dos Resentidos.

Por fin, en 2018 monta o seu grupo en solitario, o trío S4N7 —tamén se pode ler SANZ— con Adrián Arias e Ro Muñoz.

Contratación

Piti Sanz
659 375 177
pitisanz@gmail.com

Tal vez tamén che gusten