• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Manuel Preto

Aos 15 anos comezo a tocar a guitarra de maneira autodidacta e desde entón acompáñame como instrumento principal. Interésome por aprender a tocar cada vez máis instrumentos e isto reflíctese nos meus traballos, nos que toco multitude deles. Algúns incluso son construídos ou inventados por min mesmo.

Ademais, fago bandas sonoras para cine, teatro e espectáculos, dando renda solta a miña parte musical máis experimental.

A finais do ano 2021 sae á luz o meu segundo LP en solitario, “Paseniño” (2021), de carácter eléctrico e rexistrado con gravadoras de cinta e outros equipos analóxicos. Grávoo integramente no meu estudio caseiro e recaen en min todas as tarefas: letrista, multiinstrumentación, produción, gravación, mestura, masterización... Na primavera de 2024 publícase o meu segundo EP, “Postales para mi padre” (2024), un disco de letras íntimas e cunha forte carga instrumental.

Contratación

A Roca Records

arocarecords@gmail.com

Discografía

Postales para mi padre

MANUEL PRETO

2024, A Roca Records

Paseniño

MANUEL PRETO

2021, A Roca Records

Todas las canciones hablan de la muerte

MANUEL PRETO

2018, A Roca Records

Ferrilleiros

FERRILLEIROS

2016, A Roca Records

Vídeos

Vinho verde

MANUEL PRETO

Tal vez tamén che gusten