Grupo creado na cidade de Vigo, levan unha década elaborando importantes traballos con grandes e aclamadas críticas, tanto por público coma por medios nacionais e internacionais: Ouèbe Musique de Canadá, Byte FM de Alemaña, Mondosonoro, Radio Explosión musical de Madrid, Radio Galega, NewNoiseRadio, etc.Why Go asinou grandes obras, algunha delas editada en Trastenda Edicións Virtuais con sede en Salamanca, ou na excéntrica netlabel Mastertoaster Recordings de Barcelona, entre as que suman máis de 11.000 descargas da súa última maqueta. No 2009 publicarían o seu primer LP con o selo madrileño Estoescasa.Neste 2014 presentan o seu segundo álbum chamado “Kara”, baixo o formato de libro-cd unen as súas mans as artes da ilustración, o relato curto e a música, para expresar unha serie de sentimentos universais para as xentes do mundo actual.Acompañados polas ilustracións da artista moldava Natasha Lelenco, a banda realiza a súa correspondente Banda Sonora Orixinal onde predomina a variedade de matices e texturas musicais dentro dun xénero que ben poderiamos calificar de popular ou rural.“Kara” fala do futuro do mundo, do que somos como seres humanos e o que deixamos a cada momento que pasa. Unha fábula sobre a humanidade a través dos ollos dunha nena.Esta nova viaxe foi gravada e mesturada por Esteban Varela na Igrexa de Santa María Magdalena de Ribadavia e en diversos emprazamentos das cidades de Vigo e Madrid. Masterizado en Focus Mastering (Nebraska, USA) por Doug Van Sloun.
Contratación
Javier (+34) 606 583 604 - (+34) 659 292 692 whygomusic@gmail.com