Superblack é unha banda formada en Madrid no verán de 2020 por Santi Iglesias (voz), Pablo Seoane (guitarra) e Lois Afonso (guitarra), tres músicos veteranos con diferentes influencias pero cun nexo común: a música rock.A partir de aí nace un proxecto no que as diferenzas musicais, lonxe de restar, suman, converténdose no motor dunha forma de expresión aberta e inclusiva que acepta inspiración de estilos moi diversos. A colaboración nas gravacións de Dani Mourinho ao baixo e Suso Valcárcel á batería non fai máis que multiplicar esta pluralidade musical que pretende axuntar á maior variedade de público posible.A finais de 2021 preséntanse oficialmente co lanzamento do seu primeiro single, ‘Roto’, tras o cal editan como sinxelo todos os temas que posteriormente formarían parte do seu primeiro disco, “H2O” (2024), dez temas de rock metal alternativo que son mostra da diversidade que caracteriza á formación; cancións preparadas a pouco lume, con atención ao detalle e coa apertura de mente e a evolución como sinais de identidade.“H2O” está gravado, mesturado e masterizado por Guillermo “Will” Maya en Los Rosales Residential Studio, en Madrid. Coincidindo co lanzamento do disco, o 18 de outubro de 2024, estréase o videoclip de “Afuera”, versión do grupo mexicano Caifanes e incluída no disco.