Malkeda é unha banda galega formada a finais de 2002 que cultiva un metal alternativo baseado nas distintas influencias dos seus compoñentes. Afinacións graves, medios tempos, ritmos pesados, fortes contrastes entre estrofas e refráns acompañados dunha voz que intercala melodías esgazadas e emotivas, letras coas que o público se sentirá identificado.O seu álbum debut, “Momentos impuntuales”, son 13 temas propios gravados, mesturados e masterizados por R. Darosa (Litium Records-Pontevedra). Con “Un día sin ayer”, segundo LP no que a banda únese ao recoñecido produtor vigués Pablo Iglesias (Hora Zulú, Kannon, Killer Barbies) e grava en Planta Sónica II (Vigo), consolida un estilo máis propio, unha aposta por un son contundente e directo.Xiran por toda a península entre salas e festivais, tocando con bandas como Obús, Barón Rojo ou Aphonnic.En 2015 Malkeda realiza un single para EURORSA (European Rescue Swimmers Asociation), ao que bautizan con “Nadie queda atrás”Producido por Ángel Acuña Paz e gravado en Planta Sónica II, Villa Angelina Studios e ZoiloUnrealStudios, “Cumulonimbo” mestura matices do primeiro traballo con outros do segundo, engadindo riffs de estilos máis actuais cun coidado son de base. Un traballo máis maduro, persoal e potente no que colaboran Alberto Cereijo (Los Suaves) ou Gómez Noya (Campión do Mundo de Triatlón), entre outros.Malkeda son Checho C. Vázquez (voz), Guille Lavía (guitarra), Isidro Otero (guitarra), Adrián Costal (baixo), Adrián Charlín (batería).
Contratación
Checho (+34) 616437103 - 617 245 970 info@malkeda.com