
Rheia Gorecki comezou en 2018 como unha colaboración entre Catu e Adrián. Ao proceder de estilos musicais moi variados, emerxeron como banda tentando explorar diferentes xéneros e buscando un son propio a través do contraste sonoro.En 2021 publicaron o seu primeiro traballo, "VVV", dispoñible en todas as plataformas dixitais e en formato vinilo grazas á colaboración de catro selos independentes (The Braves Records, La Rubia Producciones, Quebranta Records e Nooirax Producciones).Este primeiro EP foi gravado, mesturado e producido por Iago Lorenzo, e masterizado por Robin Schmidt (Placebo, The Black Keys). A portada e deseño da edición correu a cargo do estudio Error! Design.
Contratación
Catu 627 587 708 rheiagorecki.band@gmail.com