• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Lonnegan

E é que se iso que adoita dicirse de “o talento é igual ao éxito” fose certo, xa deberías coñecer estas cancións, entón, Lonnegan xa sería un nome familiar. Pero non é así como sempre funcionan as cousas, e eles sábeno, sorrindo, non polos discos de ouro ou camisetas co seus nomes gravados, senón porque fan o que lles apaixona! Para eles, a banda é una vocación e non un disfrace que se poñen para sacudirse o ouro, a fama e os fans; en certo modo, xa non é frecuente atopar bandas así.

Un rock ’n’ roll claro, duro e primitivo xorde da súa música. Un son que evolucionou de xeito intelixente e paciente a través de innumerables concertos ao longo dos anos, alimentándose a través de influencias con raíces do rock e do blues de todos os tipos, escapando de etiquetas; aínda que dispoñen dun innegable carisma do son máis puro da época dourada da música.

Música do vello mundo axustada ao seu peculiar xeito de entendela na actualidade. O seu son é como unha banda sonora para mergullarte con eles mentres bebes uns tragos ata o amencer. Riffs rockeiros, voces rachadas, solos de guitarra potentes cunha contundente, rotunda e precisa base rítmica onde o baixo e a batería nutren o máis puro e sublime son dos setenta traído ao presente, o que fai que esta mestura sexa totalmente sorprendente.

Contratación

Valentín Martínez
660 318 669
tilos1974@gmail.com

Discografía

Live at Náutico 2022

LONNEGAN

2022, N/A

Vídeos

Live at Náutico 2022

LONNEGAN

Tal vez tamén che gusten

Chamaquito Pistolas

Cool Funeral

En Casa del Herrero

Germán Prieto

Gold & Colt

Grand Soul Band