Proxecto de Alberto Amigo (Quant, Los Huéspedes Felices) de pop clásico e atemporal que leva entregando cancións pop perfectas desde 2006. Nas súas filas atópanse músicos como Carolina Rodriguez (Faltriqueira), Luis Blanco (Tiquets) ou Josua Iglesias (Osso Bucco).Logo dos seus primeiros pasos, a mediados da década do dous mil, e un parón entre 2011 e 2018, a súa discografía está formada por algúns EPs, singles, e un par de memorables álbums. Os máis recentes son: “Entre anticiclones y borrascas” (Ferror Records 2019) e “Ciencia ficción” (Ferror Records, 2020), ademais dun EP de cancións infantís pensado como material didáctico enfocado a escolas: “Protexer, Alertar e Socorrer. Cantigas de Axuda” (Ferror Records, 2022).Movéndose entre o pop e a psicodelia, a súa música sería a banda sonora ideal dunha película de Rohmer ou para ler “O belo verán” (1949) de Cesar Pavese. É dicir, pop clásico armado a base harmonías vocais, melodías pegadizas e arranxos moi coidados, desprendendo en cada toma inxenuidade e melancolía a partes iguais.
Contratación
Alberto Amigo 605 287 647 todoellargoverano@gmail.com