Triángulo de Amor Bizarro preséntanse en 2007 e en poucos meses pasan do anonimato a estar en prácticamente cada festival que se organiza en España. Antes de terminar o ano publican o single "El hombre del siglo V", un disco que inclúe cancións das súas primeiras maquetas, grabacións novas e algún inédito non publicado ata o momento."Año santo" publícase en mayo de 2010. Graban un primeiro videoclip con Luis Cerveró e editan o dico en México no sello Arts & Crafts. Despois de dúas visitas ó país centroamericano e participar no Festival Corona Capital xunto ós Pixies e Interpol, comezan unha longa xira española.Editan unha serie de singles entre os que destaca a súa colaboración co productor Sonic Boom (Spacemen 3, Panda Bear, MGMT), "Ellas se burlaron de mi magia"."Victoria mística" é o terceiro disco, grabado en A Coruña por Roberto Mallo e con mezclas de Manny Nieto (Health, The Breeders, Circle Jerks, etc), editas en 2013. A xira de 2013 recorre España, Chile e México.Portada de Rockdeluxe. Rolling Stone inclúeos entre o 10 grupos imprescindibles da escena rock española. Otórganlles 4 Premios de la Música Independiente en 2011 (Artis Español, Album del año, Album de Rock, Directo). Gañadores do Premio IMAS á mellor banda española en 2011 e 2014.Triángulo de Amor Bizarro non garda nada, é visceral, esixente e honesto, tanto prensa como público rendíronse ás súas cancións directas, sonido atronador e frases impactantes.
Contratación
Artica BookingKeina García (+34) 91 531 91 30 - (+34) 91 531 91 30 keina@articapro.com