“Altospeaker” é o cuarto disco de estudio de SMF e primeiro en ser producido na súa totalidade por eles mesmos; especialmente polo seu guitarrista, Xurxo G. Grandal, encargándose da gravación e mestura. Masterizado en MetroMastering da Coruña e editado en vinilo, CD e plataformas dixitais por Radix Records.E grazas a iso, precisamente a iso, a saber o que queren e como o queren, gravaron o disco que sempre quixeron gravar. Dotando de máis contundencia e escuridade ao seu son, dando así unha sensación de densidade e musculatura sonora que non alcanzaran antes. Todas estas sonoridades fan de “Altospeaker” un disco co nivel de madurez perfecta.Nove temas onde, sobre todo, destaca a personalidade de SMF nas composicións por riba de influencias que se poden apreciar e evidenciar, como en calquera outra banda. Personalidade curtida en catro discos de estudio, un EP de presentación, un acústico en directo e máis de cen concertos pola península.O disco é unha viaxe por tres anos de pandemia e futuros incertos, melodías envolventes, grooves poderosos e riffs mastodónticos. “Altospeaker” é música de inverno, altofalantes rotos, ansiedade liberadora, un motor turbodiésel tronando, unha tormenta de area, unha resaca feliz e o mellor disco de SMF ata a data. Só é necesario que a xente se decate, sería unha mágoa que non se desfrutase como se merece. E iso, en parte, é tamén cousa vosa.
Contratación
Miguel Anxo (Tlf1) - Xurxo (Tlf2) 636 468 198 - 650 123 654 sandfordmusicfactory@gmail.com