
Banda de pop-rock. Too Many Villains (Demasiados Viláns) é unha banda creada en 2020 por catro músicos vigueses, unidos pola nosa paixón pola boa música e para crear e desenvolver cancións que conteñan esencias de todo o que nos gusta: melodías atractivas, letras suxestivas ou mesmo evocadoras, coidadas harmonías vocais, elegantes arranxos rítmicos e solos de guitarra como os que apenas se escoitan neste século XXI. En 2024 únesenos Verónica, inicialmente para reforzar os coros pero enseguida toma protagonismo como segunda voz e solista nalgúns dos temas novos.Con preto xa de 40 temas propios, a nosa creatividade non ten límites; sentimos que melloramos mes a mes nas nosas composicións e directos, que non che podes perder. O público que acode aos nosos concertos se mostra moi sorprendido pola nosa proposta e trasládanos o ben que soan as nosas cancións.En febreiro de 2024 presentamos o noso novo EP, “Pieza Rara” (2024) co vídeo do tema que dá título ao EP, ‘Pieza Rara de mi Colección’. “Pieza Rara” supón un salto importante na nosa evolución.Se non nos coñeces aínda, a que esperas para facerche “vilán”.Too Many Villains son Luis Cendón (batería), Verónica Godoy (voz, coros), Pablo Martínez-Sayanes (baixo, coros), Juan ‘Solo’ Mosquera (voz principal, guitarra rítmica) e Gonzalo Ramos (segunda voz, guitarra solista).
Contratación
JUAN MOSQUERA JUAN MOSQUERA 607 449 501 - 661 536 503 solomusic.jm@gmail.com