Adrián Blanco é un cantautor de Rarís (Teo, A Coruña) de 25 anos que, após traballar na verbena galega e estudar guitarra clásica, decide publicar os temas que compuxo desde os 17 anos. O seu ADN musical conforma unha mistura de guitarras, pop rock, indie e temas con influencias latinas.Os seus temas conforman un canto á liberdade de amar, de ser, de querer; á defensa dos dereitos do colectivo LGBTIQ+, do feminismo, da expresión musical na lingua galega coa que se criou. Cantos ao amor, ao desamor, á infancia, á autoaceptación...Adrián compón tendo claras dúas ideas básicas: "que nunca nos rouben a liberdade" e "só é necesaria unha razón para cambiar o mundo".