
Na comarca nebulosa que separa as terras do ruído e da música habita ULLAh. Colectivo de aventuras impuras que anhela a expresión total e libre dos seus orgónicos.Son os orgónicos os integrantes desta amálgama de almas de gama alta que (re)crean [non só] experiencias sónicas partindo desde o xénese: a escoita plena e confiada.Sentimos os orgónicos unha presenza limpa das contornas naturais nas nosas subxectividades e tentamos de colaborar cos urbanitas no seu regreso desde o exilio condenatorio.Antóllasenos sen igual a peregrinación inversa pola senda dos sentimentos para reestablecer os parámetros óptimos de funcionamento dos sentidos, aos que denominamos ‘as cinco portas do primeiro anel da eternidade’.A maneira de Estar dos orgónicos nace do humus fértil que obtemos do ciclo morte-vida do Ser.Consolidamos o grupal e interconectado en loita constante coa privación perniciosa que causa o espellismo da independencia —”éticas do coidado” segundo Adela Cortina.Constitúen as preguntas e as dúbidas o noso dogma que se autodestrúe con cada resposta/imposta.Rítmicos, poéticos e involuntarios os orgónicos sentimos un irreverente e vello amor polos naufraxios.Son as nosas voces condensación ordeada de partículas esenciais que nos atravesan obedecendo ao libre albedrío que cimenta azares e amores.Como na imaxe, a éxtase, o transo, a conexión directa con aquilo que sexa a divindade pódese dar a través da música.
Contratación
ULLAhSuso ullahsuso@gmail.com