• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Allova

ALLOVA é un proxecto vangardista de música indie-electrónica con toques de trip hop, creado entre Madrid e A Coruña e liderado pola cantante, pianista e compositora de orixe rusa Alla Mikhaylova.

ALLOVA segue a apostar por traer o trip hop de finais dos 90 ao presente á vez de explorar novos camiños, tomando un amplo abano de influencias do talle de Massive attack, Portishead, Najwa ou Lana del Rey.

O seu potente directo levou á banda a tocar en numerosos espectáculos en Galicia e Madrid, como o 17º Festival Ribeira Sacra, Festival de La Luz, Vibra Mahou Fest e Fanzine Fest, entre outros; e a recibir o apoio de medios e marcas importantes para dar directos a nivel nacional.

En abril de 2021 sae o seu álbum debut autoeditado, "Hope & Despair" (2021), onde atopamos pianos etéreos, sensual e hipnótica voz, potentes e orgánicas bases de baixos, baterías e sintetizadores: unha elegante e poderosa mestura de pop electrónica, trip hop e sons que oscilan entre unha suxerente e fráxil escuridade e un esperanzador escintileo pop.

Contratación

Allova//Pimpam Records
Alla
693 471 959 - 637 169 961
allalovamusic@gmail.com

Discografía

Hope & Despair

ALLOVA

2021, Pimpam Records

Vídeos

Now As One

ALLOVA

Flyaway

ALLOVA

Tal vez tamén che gusten