Luis Álvarez Cabado é un compositor, produtor musical e pianista lucense residente na Coruña. Tras finalizar os seus estudos de composición no Conservatorio Superior de Música da Coruña, estuda o master de Composición para Cinema no Royal College of Music de Londres.A súa carreira musical compaxina lanzamentos independentes autoeditados, así como con discográficas de talle internacional, con bandas sonoras orixinais para diversos proxectos audiovisuais que lograron multitude de premios en festivais de cinema de todo o mundo, tales como “Chaval”, “O Coidado”, “A Cero.5” e outros.Como produtor musical, a súa firma propia aborda desde o piano minimalista ao ambient e a electrónica, con temas que obtiveron millóns de reproducións en plataformas e foron utilizados en múltiples producións internacionais. O seu traballo no ámbito audiovisual engloba desde curtametraxes a anuncios, compoñendo e producindo a música para campañas de Milka, Cruz Vermella, Alvalle, Lotería Nacional ou Olistic, entre outras.
Contratación
Luis Álvarez luisalvarezmusmail@gmail.com