
raze é unha artista multidisciplinar queer e viguesa, que chega nun momento de transición musical no que consegue un equilibrio harmónico entre a espontaneidade e a esencia máis crúa.A súa proposta destaca pola profundidade lírica e a riqueza sintética, e pola promesa dun arte de longo consumo: unha obra circular e compacta, representada por unha cebola de cristal. A primeira lectura permite ver o interior, pero só quen se atreve a desollar capa a capa poderá admirar a súa nitidez e complexidade.A súa investigación artística parte da contraposición de conceptos opostos: natureza e industrialización, electrónico e orgánico, feminidade e masculinidade, escuridade e luz. O uso da linguaxe en raze ten un enfoque naturista e social, explorando novos termos, pronunciacións híbridas e unha ortografía simbólica que reforza a súa visión estética.A firma de raze está presente en todas as disciplinas que habita: produción musical, coreografía, moda, deseño gráfico e audiovisual. Cunha mente directiva e unha visión macro do seu universo creativo, constrúe un proxecto 360º cunha forte riqueza dramatúrxica.raze chega para quedarse, cunha proposta sólida e cada vez máis persoal. A artista galega camiña cara a converterse nunha voz esencial do novo son do norte.
Contratación
AlendeSara 620 125 057 ola@alende.gal