Dani Cornes é cantautor e músico de Ogrobe, que polos Reis de 2005 pediu unha guitarra que a día de hoxe aínda conserva. Pisou sempre escenarios pequenos durante a súa adolescencia, mesmo coqueteando coa viralidade nalgunhas ocasións, pero non foi ata a publicación do autoeditado "Días Rosas" en 2018 que o seu proxecto musical empezou a coller forza. Dende entón, en abril de 2025 lanzou "Aquí sempre tes casa", un sinxelo sobre o desarraigo, a identidade e a pertenza, e en xullo, "Arredor de ti", unha cumbia que mestura a guitarra clásica coa electrónica para falar dunha ruptura a través de pantallas e transporte público. Tivo o inmenso pracer de telonear a Dorian na Festa do Albariño en 2022, ou de abrir a xornada do sábado no Atlantic Fest de 2023.A súa música mestura elementos clásicos de cantuator, como son a guitarra e a lírica persoal e cotiá, con elementos máis electrónicos, dende sintes ata gravacións de campo e baterías sintetizadas. As súas letras tratan de identidade, amor e desamor, amizades, o verán, e incluso da transición.
Contratación
dotbeat!Patricia Hermida 674 956 338 contratacion@dotbeat.es
