Escoitar a Cia Campillo é descubrir a unha cantante e compositora comprometida coa súa obra. Logo de ser vocalista nunha banda de versións, esta cantautora decide sacar á luz as súas propias cancións, emprendendo deste xeito a súa carreira en solitario e percorrendo coa súa guitarra escenarios de pequenos bares.Despois dun tempo de procura interior, comeza a gravación do seu primeiro traballo discográfico, “Calibrando” (Rock CD, 2016), enmarcado dentro do estilo pop indie con algunha pincelada rockeira. Gravado en Bonham Studios (A Coruña), amosa unha cantautora renovada, con enerxía e forza en sus cancións. Nesta nova etapa da súa carreira musical, Campillo combina a súa esencia e dozura en acústico coa alta intensidade da banda que a acompaña, The Small Field Band, composta polos galegos Óscar Quintáns, Jorge Quesada, Juan Folla e Anxo Seco.Recentemente compuxo a canción principal da curtametraxe “Candela” de David F. Torrico e a banda sonora da obra teatral “Veneno para ratones” de Alberto F. Prados. Pódese dicir que Cia Campillo é unha compositora a todos os niveis.
Contratación
Meteorito ManagementÁngel Escuredo (Manager) (+34) 649 364 490 angel@meteoritomanagement.com