Visions of Juno é unha banda de indie rock con base en Vigo, formada polo irlandés Paul Clarke (guitarra e voz), Jorge Lorenzo (guitarra e voz), José Calvo (batería) e Aitor Moon (baixo).O seu son móvese entre o rock alternativo e o pop de guitarras, cunha clara influencia da escena británica dos anos 90. A banda aposta por un enfoque orgánico e directo, algo que se reflicte especialmente no seu último traballo, You don’t know it, gravado en directo nos Estudios Metrópolis (Vigo) e producido por Juan de Dios Martín (Amaral, Xoel López).Editado polo selo Entrebotones, o disco está formado por nove cancións que transitan entre a enerxía do rock and roll e a sensibilidade melódica do indie contemporáneo.
Contratación
Jorge Lorenzo Pérez 699 241 336 visionsofjuno@gmail.com
