calllejo é o proxecto de Adrián Callejo, cantante e compositor de Vigo que fai pop con electrónica en galego. En abril de 2026 publicou o seu primeiro disco, "MOSCOSO", producido por Héctor Rodríguez (Montedapena) e feito entre Vigo, Gomariz, Santiago, Cambados, Cangas, Teis e Bembrive. Presentouno en directo a mesma noite da estrea, na Fábrica de Chocolate de Vigo. Do disco saíron os singles "Deixame bailar (Queimadura)" e "Quen gañou?", este último xunto a Lontreira.Despois chegaron o remix de "Tesouro" feito por Javier Lago e "Ningunha noite máis", o tema máis guitarreiro do proxecto, estreado no Maketón de Los40 Vigo. As súas cancións soan en listas de música en galego como Temazos En Galego ou galiza emerxente.O 12 de novembro de 2026 publica "Lonxe do frio", e para maio de 2027 prepara unha xira por Galicia xunto a Nuntia.
Contratación
Adrián Callejo ola@escoita.link
