Dani Piñeiro é un artista pontevedrés residente en Barcelona que comezou a súa traxectoria musical en 2021 aínda que foi a clases de canto dende os 6 anos. Inicialmente ligado ao rap e a unha escrita de carácter íntimo e reflexivo, co paso do tempo o seu son foi evolucionando cara a unha proposta máis melódica, na que conviven o pop, a música urbana e a canción de autor. As súas letras, escritas percorren temas como o amor, o desamor, a memoria, a identidade e a procura dun lugar propio.En 2026 publicou o seu primeiro álbum, «Cartas al Pasado», un traballo de once cancións que funciona como peche dunha etapa persoal e artística. A partir deste lanzamento iniciou a creación de «Nova Sison», un novo proxecto concibido arredor das catro estacións do ano e formado por catro cancións: «Non podo queixarme», «LA ISLA», «ENGANCHADO AOS TEUS BICOS <3» e «qué oras son meu corasón?».Nesta nova etapa, Dani Piñeiro aposta por unha sonoridade máis aberta, emocional e contemporánea, sen abandonar o coidado pola palabra que marcou os seus primeiros temas. O seu obxectivo é construír unha identidade propia entre as súas raíces galegas e a súa vida actual en Barcelona, conectando co público mediante cancións honestas, próximas e recoñecibles mesturando os dous idiomas.
Contratación
Daniel Piñeiro 615 482 101 danipibar@gmail.com
