• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Berrogüetto

Nun prazo moi breve, sen abandonar a súa sensibilidade inicial, Berrogüetto converteuse nunha das formacións de world music máis importantes do mundo. Unha das marcas galegas que funcionan no mercado musical internacional pola súa mestura de paixón pola tradición musical e a experimentación na contemporaneidade. As dúas caras dunha mesma figura nun mercado global onde a pluralidade cultural corre perigo.

Contra esa tendencia, Berrogüetto segue ofrecendo música galega cun radio de acción que transcende as fronteiras de Galiza. Máis alá da música, cren na diversidade cultural como fonte de riqueza. Hoxe, a súa música, co mesmo selo de sempre —multiplicidade e homoxeneidade, unha das cousas máis difíciles de conseguir nunha banda— ten cabida en calquera escenario do mundo.

A súa inquietude pola música e as súas ganas de innovar leváronos a investigar con sons e instrumentos diferentes. Grazas a esta determinación sempre conseguiron os favores da crítica e recibiu numerosos galardóns e recoñecementos por todo o mundo: Premio da Asociación da Crítica Alemá do Disco ao Mellor Disco de World Music en varias ocasións, Premio Opinión ao Mellor Disco de Folk, finalistas dos Premios da Música da Academia das Artes Escénicas e Musicais como Mellor Álbum en Galego e dos Grammy Latinos ao Mellor Disco Folk, entre outros.

Contratación

Beatriz Fontán
(+34) 981 104 022
info@berroguetto.com

Discografía

Kosmogonías

BERROGÜETTO

2010, Berro Guetto Música

10.0

BERROGÜETTO

2006, Berro Guetto Música

Hepta

BERROGÜETTO

2001, Boa Musica

Viaxe por Urticaria

BERROGÜETTO

1999, Boa Music

Navicularia

BERROGÜETTO

1996, Boa Music

Vídeos

Anubia

BERROGÜETTO

Fusco

BERROGÜETTO

Xente

BERROGÜETTO

Berro

BERRO

Rosendo en Sabaxáns. Berrogüetto, o pulso da terra

BERROGÜETTO

Tal vez tamén che gusten