• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Enrique Paisal

Enrique Paisal, pianista do mítico grupo Los Tamara, comeza a súa andadura en solitario en 1975 pero non é ata o 2000 cando decide gravar o seu primeiro disco “La vida es una sola”; co seu segundo disco, “Enrique Paisal: Amigos y amigas” (2002), reúne a colegas para darlle forma o seu proxecto.

En 2009 elixe xuntarse con Antonio Vázquez “Tocho”, clarinetista de Los Tamara, amigo e compañeiro de fatigas. Neste proxecto conta tamén coa colaboración de dúas grandes voces, a presentadora de televisión Yolanda Vázquez e a cantante de Fía na Roca Sonia Lebedynski, impresionante voz da nosa música, máis que demostrado tanto co grupo como en solitario.

Todos eles forman parte de “Música”, o último disco de E. Paisal e desta maneira xorde este cuarteto, demostrando a súa xenialidade formando un tándem perfecto entre músicos e voces que lle dan cor.

Nas súas actuacións interpretan cancións da nosa terra, como “Lela”, ou composicións propias nas que queda máis que demostrada a súa xenialidade con dúos, como “O tempo da alegría”, fan un pequeno recordo a Los Tamara en “Galicia Terra Nosa”, tamén fan un ceno á canción francesa “Ne me quitte pas”, fados “Julia a florista” e moitas outras... un espectáculo de hora e media que lles farán trasladarse a cada época e a cada lugar.

Contratación

Discografía

Música

ENRIQUE PAISAL, SONIA LEBEDYNSKI, YOLANDA VÁZQUEZ, ANTONIO VÁZQUEZ

2009, Sonaxe Records

Tal vez tamén che gusten