• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Riobó

Despois de anos de rodaxe e múltiples experiencias e colaboracións, no 2011 Begoña Riobó pon en marcha o quinteto “Riobó” co que grava un primeiro disco de título homónimo.

En Riobó a tradición e a vangarda míranse nun imaxinario espello onde atopamos as súas coincidencias e a imposibilidade de solapamento, de superposición dunha imaxe respecto á outra.

No seu repertorio o quinteto mergullase nas diversas posibilidades dos instrumentos máis tradicionais. Entretecendo a música de autor coa música de raíz. Interpretando pezas para escoitar inspiradas en todo momento nos ritmos máis bailables, nunha aposta clara pola música galega feita e aínda por facer.

O grupo está formado por: Begoña Riobó (violín e voz), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Fernando Pérez (frauta e requinta), Xosé Liz (bouzouki) e Fernando Barroso (guitarra).

No ano 2013, entre outros concertos e festivais, Riobó foi cabeza de cartel o día 12 de xullo no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, compartindo escenario con grupos da primeira fila internacional .

No 2014 Riobó realizou diversos concertos en solitario e tamén en festivais, entre os que destaca o Festival de La Luz, organizado por Luz Casal en Boimorto, no que compartiron escenario con Narf Trío, Kiko Veneno, Los Secretos ou Quique Gonzalez entre outros. Como sempre, a enerxía, a elegancia e o virtuosismo de Begoña Riobó, acompañada pola súa banda, fixeron as delicias dun público entusiasta que acabou bailando as súas muiñeiras.

Contratación

Armúsica
Antón Rodríguez
(+34) 986 337 069 - (+34) 678 578 013
anton@armusica.es

Discografía

Quiral

RIOBÓ

2015, Sul Producciones

Riobó

RIOBÓ

2011, Zouma Records

Vídeos

Riobó e Liz

BEGOÑA RIOBÓ

Brincadeira

BEGOÑA RIOBÓ

Retello

RIOBÓ

Fox

RIOBÓ

Concerto no Festival de Ortigueira 2013

RIOBÓ

Gallegas de diez . Begoña Riobó

RIOBÓ

Tal vez tamén che gusten