• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Silvia Penide

Silvia Penide é intérprete e autora de cancións moi directas, que conectan co público. Empezan a ver a luz no seu primeiro LP, “Kilómetros”, e maduran en “Invisible” e “Desafinante Crónica”. Percorre toda a península e salas de Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemaña; o seu universo particular nútrese cada vez dun maior número de seguidores cun pop contundente, coidado e cheo de matices.

O seu EP “Las Erres Dobles”, gravado con Juan de Dios, dá un paso máis e colócaa en boca de moitos, recibindo boas críticas en publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone. Comeza a tocar en teatros, onde define o son da súa banda e comparte cartel con artistas do talle de Xoel López ou Mercedes Peón.

Dúas veces gañadora dos Premios Martín Códax, consegue tamén outros premios como o do público no XV Festival de Cans polo seu videoclip “Sobre el mismo alambre”.

Tras participar en ciclos como Ellas Crean ou Festival Otoño en Navarrés, presenta o seu sétimo traballo, “El Efecto Boomerang”, gravado por David San José, con colaboracións como Javier Álvarez e Ugía Pedreira.

Actualmente atópase presentando un novo EP con cancións e poemas escritos durante o confinamento de marzo a xuño de 2020. “Los Días De Plomo” chega, ademais, coa colaboración do cantautor Víctor Manuel. Sen dúbida, un EP que transportará a Penide un chanzo máis arriba na súa ascendente carreira.

Contratación

10de10
Tomi Legido
(+34) 677 428 150
dezdedez@gmail.com

Discografía

Los Días de Plomo

SILVIA PENIDE

2021, El Niño de la Hipoteca Records

El Efecto Boomerang

SILVIA PENIDE

2019, El Niño de la Hipoteca Records

Sobre el mismo alambre (feat. Eladio Santos)

SILVIA PENIDE

2017, Artesa de Arte

Todo pintado de plata

SILVIA PENIDE

2016, Silvia Penide

Cincoparedes

CINCOPAREDES, NANDO DEIBE, LUIS MORO, CÉSAR DE CENTI, SILVIA PENIDE, FÉLIX ARIAS

2015, Cincoparedes

Animal de Compañía (Reedición)

SILVIA PENIDE

2014,

Las erres dobles

SILVIA PENIDE

2010,

Desafinante Crónica

SILVIA PENIDE

2007, Falcatruada

Vídeos

Chantilly

SILVIA PENIDE

El salto

SILVIA PENIDE

Roto-Roto Milagro! Edition

SILVIA PENIDE

Sobre el mismo alambre

SILVIA PENIDE, ELADIO SANTOS

Lo que dure es lo de menos

SILVIA PENIDE

Lentitud

SILVIA PENIDE

Tal vez tamén che gusten