• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
SonDeSeu

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

SonDeSeu naceu en 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, e-Trad, experiencia singular que persigue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Desde entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama español e internacional, con tres publicacións discográficas e numerosos recoñecementos públicos.

Os concertos ao vivo son unha celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana no que o público, integrado por xente de diversa idade e procedencia cultural, toma parte activa. Na actualidade, en colaboración co Concello de Vigo, SonDeSeu lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda Europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio.

Contratación

Discografía

Beiralúa

SONDESEU

2018, Sondeseu

Danzas brancas

SONDESEU

2013, Fol Música

Barolovento

SONDESEU

2010, Fol Música

Trastempo

SONDESEU

2007, Pai Música

Mar de Vigo

SONDESEU

2003, Fol Musica / Escola de Artes e Oficios Vigo

Vídeos

Ciclotimias

SONDESEU

SondeSeu Orquestra Folk

SONDESEU

Xota de Cortellas

SONDESEU

Folerpas e Danzas Brancas

SONDESEU

Entrevista a SondeSeu Orquestra Folk sobre o álbum Barolvento (Español)

SONDESEU

Entrevista a SondeSeu Orquestra Folk sobre o álbum Barlovento (Galego)

SONDESEU

Tal vez tamén che gusten