Juyma Estévez é un contrabaixista de Bueu cunha gran experiencia no mundo do jazz, da música clásica, do rock e do folk.Iniciouse no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e nos conservatorios de Pontevedra e Santiago, acadando o Título Profesional de Música, para despois trasladarse a Donostia, onde obtivo o Título Superior de Música - Especialidade Contrabaixo Jazz en Musikene.Tocou nalgúns dos festivais de jazz máis importantes do estado (Heineken Jazzaldia, Paljazz, Canjazz, Imaxinasons, Festival de Jazz de Lugo, Pontejazz, Nigranjazz) acompañando a diferentes artistas, así como en infinidade de clubes (Altxerri Jazz Club, Bilbaina Jazz Club, Filloa Jazz Club, Xancarajazz, Clavicémbalo, Casa de Arriba).Gravou con numerosas formacións que abranguen dende o jazz de Lakunza Brothers (Premio Impulse Jazz 2011), David Regueiro Swingtet ("On Stage" 2014, “Bird Lives” 2015), Green with Envy (2016) ata o country-blues de Gold&Colt (“Live” 2016), o folk de Xabi Aburruzaga ("Neure" 2013) ou o clásico da JOSG.Como arranxista e compositor para big band destaca "Montañas de Holas a Dioses" estreada no Teatro dos Campos Elíseos de Bilbao pola big band de Musikene dirixida por Bob Sands.En 2013 regresa a Galicia e forma Juyma Estevez Trio co pianista Alberto Vilas e o batería Max Gómez, gravando o seu primeiro disco como líder, “Océanos de porcelana” (2014).En 2017 forma un novo trío con David Regueiro (guitarra) e Noli Torres (batería), con quen graba e publica “Viento del Norte” (2018).
Contratación
Juyma Estévez (+34) 698 152 560 juymaestevez@gmail.com