• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Jeyson Sherlock

Jeyson Sherlock entra con pé firme en España grazas ao seu primeiro single en territorio español, "Eres tú", derivado do álbum "Algunas Intenciones", no que destacan cancións coma "Día gris" ou "¿Dónde estás Dios?", entre outras. O álbum "Algunas Intenciones" posúe diversidade de ritmos e fusións, que o artista colombo-español defende no escenario cunha posta en escena e un show impecable en cada actuación.

Jeyson Sherlock é cantante e bailarín e, polo tanto, un dos grandes puntos fortes nos que destaca como artista é que promete entreter o público coa súa expresión corporal e coa maneira singular coa que interpreta o seu mellor instrumento: a voz.

Jeyson realizou dous videoclips: un, do seu segundo single en Colombia, "Día gris", no que o artista busca expresar vívidos detalles do seu estado sentimental a través de simboloxía e cores moi coidadas. Con "Día gris", Jeyson conseguiu unha grande aceptación no seu país natal, Colombia.

O seu segundo videoclip, "Eres tú", significa sen dúbida a súa entrada en España. Con máis de 22.000 visitas na súa canle de YouTube, "Eres tú" convértese no vídeo presentación de Jeyson. O seu baile, a súa alegre música e as escenas controvertidas que aparecen fano atractivo ao público, e así é como se converte no primeiro artista na rexión que logra máis de 10.000 visitas en dous días segundo YouTube.

O seu primeiro disco posúe influencias pop, rock e, por suposto, latinas, que fan deste un disco totalmente apto para calquera tipo de público.

Contratación

Jeyson Sherlock
(+34) 618 941 096
Jeyson.Sherlock@gmail.com / Shejas_1508@hotmail.com

Discografía

Somos Un (Galego)

JEYSON SHERLOCK

2023, Jey Sherlock TM

Es por mì

JEYSON SHERLOCK, BEKZ

2020,

Algunas intenciones

JEYSON SHERLOCK

2014, Autoeditado

Eres tú (Deluxe version)

JEYSON SHERLOCK

2014, Autoeditado

Vídeos

Somos Un ( from the live show ''LUAR )

JEY SHERLOCK

Es por mí

JEYSON SHERLOCK

Idílico

JEYSON SHERLOCK

Forget This

JEYSON SHERLOCK

Eres tú

JEYSON SHERLOCK

Día gris

JEYSON SHERLOCK

Tal vez tamén che gusten